Restaurante ferrolán dende 1995

A Vaca nace na céntrica rúa Dolores de Ferrol en 1995 como cafetería (O Café da Vaca), cinco anos máis tarde abrimos o restaurante (basicamente crepería) ata o 2012, ano no que nos mudamos para a concorrida rúa Pardo Baixo na que nos atopamos actualmente.

Lonxe quedaron as crêpes na nosa proposta, a nosa proposta actual é unha cociña baseada no respecto ao produto ofertando unha carta corta pero variada, e o que nos ofrece o mercado do día.

Na Vaca facemos especial fincapé en crear unha atmosfera relaxada e de desfrute no que tamén ofrecemos unha coidada e persoal selección de viños.