Cociña honesta servida con xeito
Restaurante ferrolán dende 1995
A vaca nace na céntrica rúa Dolores de Ferrol en 1995 como cafetería (o café da vaca), en 2000 abrimos no entrechán do mesmo inmoble o restaurante (básicamente crepería), alí permanecemos ata 2012, ano no que nos mudamos para a concurrida rúa Pardo Baixo na que nos atopamos actualmente.
No noso local actual lonxe quedaron xa as crêpes facendo agora unha cociña honesta baseada no produto e no respeto das suas caraterísticas, en a vaca facemos especial fincapé en crear una atmósfera relaxada e de disfrute cun trato profesional e alta formación do noso persoal, carta corta e pratos fora dela para o deleite do noso público que adoita acudir de xeito habitual, todo isto sen descoidar a seleción coidada da vinoteca.