Cociña honesta servida con xeito
Restaurante ferrolán dende 1995
A vaca nace na céntrica rúa Dolores de Ferrol en 1995 como cafetería (o café da vaca), en 2000 abrimos no entrechán do mesmo inmoble o restaurante (básicamente crepería), alí permanecemos ata 2012, ano no que nos mudamos para a concurrida rúa Pardo Baixo na que nos atopamos actualmente.
No noso local actual lonxe quedaron xa as crêpes facendo agora unha cociña honesta baseada no produto e no respeto das suas caraterísticas, en a vaca facemos especial fincapé en crear una atmósfera relaxada e de disfrute cun trato profesional e alta formación do noso persoal, carta corta e pratos fora dela para o deleite do noso público que adoita acudir de xeito habitual, todo isto sen descoidar a seleción coidada da vinoteca.
Área de contacto
Formulario de reservas
As reservas deberán ser confirmadas e formalizadas polo Restaurante tralo envío do formulario.
Horario
De 13.30 h – 15.30 h
De 20.30 h – 23.00 h
Luns, martes e domingo noite.
Rúa Pardo Baixo, 24 – 15403 Ferrol, A Coruña
Teléfono
981 35 88 92
info@ocafedavaca.com